video picasa

miércoles, 2 de marzo de 2011

Dispositivos de comunicación. Redes

Redes locais.

Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede.

Topoloxía dunha rede

Tipos de rede:

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente.

Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.


Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:


Un concentrado ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Un conmutador ou switch: ao igual que o hub, actúa de ponte entre todo os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

Cableado dunha rede local

Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das corrente eléctricas externas pola malla de cobre. Este cableado resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; o seu conector é BNC.

Cableado UTP. Este cableado está constituído por catro pares de fío dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar interferencias eléctricas dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, o seu conector é un RJ-45.

Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as corrente eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; conector ST de fibra óptica.



Redes inarámicas

Nas redes inarámicas, tamén denominadas Wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguense gran liberdade de movementos.
O inconveniente é que a súa velocidade é lenta

Redes externas

Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dade a súa amplitude, considéraselle xa como unha rede global.

Redes privadas virtuais

As redes privadas virtuais, son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada


Conexión a través dunha liña telefónica

Modems. Os modems son dispositivos que permiten enviar e recibir información a través dunha liña telefónica convencional. Como o seu nome indica, a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demoludar o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.

Tarxetas RDSI. Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamas telefónicas.

Modems ADSL. As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío.

A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial da velocidades de transferencia.

Para poder realizar conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.

Router.
Este dispositivo, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.

O router tamén se encarga de que a información que pase por el non se enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios.

Por outra parte, un router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.

Conexión a través de cable

A conexión co cable non se establece directamente entre o usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer de cobertura, é necesario un modem-cable.

Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede.

Conexión vía satélite

A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre.

Esta tecnoloxía está en desuso por unha baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, insularidade, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.

Conexión por ondas radioeléctricas

De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade.
Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de transferencia alta, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permanecer nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión. Por outra parte, esta tecnoloxía permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.

Conexión móbil

GSM. O siste GSM é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado ou
e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala; os enlaces establecidos para a comunicación mantense durante o tempo que dure esta, e non poden ser utilizados simultáneamente para establecer outra comunicación. A velocidade máxima de transmisión de datos que pode alcanzarse con GSM é de 9800 bps.

GPRS. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo qu é posible transmitir voz e datos simultáneamente.

UMTS. O sistema de comunicación UTMS traballa cunha frecuencia alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videoconferencia. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senón por volume de datos transmitidos.


 clic aqui para mais información


viernes, 18 de febrero de 2011

Dispositivos de almacenamento

Discos magnéticos. 

Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.


O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2 (nome que facía referencia ao seu tamaño físico en polgadas), aínda que existían outros como os discos ZIP, con capacidade de 100,250 ou 750 MB, e os Superdisk LS-x, con capacidades de 120 ou 240 MB.


Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado disco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os discos duros externos.


Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos; na actualidade, os máis utilizados son os discos IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro discos con capacidade Gigabytes. Dentro deste tipo hai que falar de subtipo que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; o último en aparecer foi o Serial-ATA.

 Disco ópticos. 

CD-ROM


O CD-ROM (Compact Disk-Read Only Memory), coma se pripio nome indica, contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada; esta característica, unida a se gran capacidade e a que a información gravada nel pode ser de distitan natureza (son, vídeo, fotografías...), fan do CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos, software interactivo, etc..


A información está almacenada nunha soa cara, seguindo unha pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior; esta pista está dividida en sectores.


CD grabables e discos regrabables


Aos discos grabables denomínaselles, tecnicamente, discos WORM (Write-One, Read-Many) e identifícaselles mediante as siglas CD R.Además. hai outros discos que poden ser gravados varias veces, borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes discos identifícaselles coas siglas CD RW.


DVD-ROM

Os discos DVD son, fisicamente, semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior (varios GB, teoricamente ata 17 GB). Esta capacidade conséguena aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
As unidades lectoras de DVD evolucionaron ata ofrecer a posbilidad de gravar e regravar información en ellos.Sin embargo, hai varios formatos que son compatibles entre si.
DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4,7 GB) ou de dobre capa (8,5 GB).
DVD-RW: discos que permiten ser gravado varias veces;tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.

DVD+R:discos dun só uso, similar aos
DVD-R, pero, segundo os seus creadores, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-vídeo convencionais.

DVD+RW: discos
regrabables similares aos DVD-R, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores, poden ser de capa simple (4,7 GB) ou de dobre capa (8,5 GB).

Discos magneto-ópticos

Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.

A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).

Memoria FLASH

Adoita conectarse a un porto
USB, dende o cal obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento.
As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse 100 000 e 1 000 000 as veces que se poderá gravar información nela.


Funcionamento da memoria flash

Como calquera outra memoria, a memoria flash está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash non é unha memoria RAM, posto que ese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

A causa de que non sexa perpetua está, no desgaste que sofre cada cela ao gravar e borrar a súa información. Outra curiosidade é que o borrado de información se realiza cunha subministración elevada de corrente eléctrica, polo que resulta un proceso lento.



Discos Blu-Ray

 Blu-ray, tamén coñecido como Blu-ray Disc ou BD, é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25 GB por capa, aínda que Sony e Panasonic desenvolveron un novo índice de avaliación que permitiría almacenar dende 25 a 33,4 GB por capa. Aínda que outros apuntan que o sucesor do DVD non será un disco óptico, senón a tarxeta de memoria.

A velocidade de transferencia de datos oscila entre 36
Mbps e 54 Mbps (para BD-ROM), pero xa están a desenvolver prototipos con velocidades de transferencia 2 x (o dobre, 72 Mbit/S).

Formatos
BD-ROM: Disco de só lectura.
BD-R: Formato gravable de simple capa e BD-R DL o mesmo pero en dobre capa
BD-RE: Formato regravable de simple capa e BD-RE DL o mesmo pero en dobre capa.

O raio é azul en lugar de vermello.


martes, 8 de febrero de 2011

disposistivos de entrada e saida

Dispositivos de entrada

Rato.Este dispositivos permite transmitir informacion ao ordenador de dous modos: desplazandolo por unha superficie para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realiar certas accións en funcio de onde este colocado o indicador.



Teclado o modo mais frecuente de introducir informacion no ordenador



Lectores de codigos de barras.Los codigos de barras son un conxunto de lineas verticais de cor negra que teñen distintos grosores.Un lector de codigo de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar a devandita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o producto,y obteniendo,asi, informacion acerca do; por exemplo, o seu nome e o seu prezo.


Escáner.Es un dispositivo que permite introducir informacion dende documento en papel.La calidade dun escaner mídese en ppp ou dpi,indica o n.º de puntos que toma de cada polgada (2,54 centi metros)


Joystick.Introduce no ordenador os movementos efectuados sobre a súa panca e algunhas ordenes mediante a pulsacion de algun boton.Se utiliza en ámbitos tridimensionais e maioritariamente en xogos.


Comprimidos digitalizadoras.Esto taboleiros utilízanse para realizar debuxos e graficos con precision, son frecuentes en aplicacións de debuxo.


Lectores de bandas magneticas.Son dispositivos capaces de ler informacion gravada e n unha banda magnetica.


Pantallas tactiles.Ofrecen a posibilidade de introducir informacion con só situar un dedo na súa superficie; por ej, elixir unha opcion,ejecutar unha orden,obtener informacion,etc.


Tablet PC.Tienen un tamaño intermedio entre os portatiles e as PDA,Suelen ter unha pantalla de 10 ´ ´ que serve para introducir datos, de forma semellante ás PDA.


Camaras
digitales.Existe dispositivos que permite introducir tanto imáxenes coma videos no ordenador.Entre eles estan as camaras fotograficas dixitais, cuxas imagenes dixitais poden descargarse ao ordenador para se manipuladas e as camaras dixitais de video,que,ademas de ofecer a posibilidade de transferir susu gravacións dixitais ao ordenador para que sexan editadas, poden ser utilizadas para transmiti imagenes en tempo real.


Microfono.Este instrumento ouede ser tambien utilizado como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no ordenador.


Clic aqui para mais información.

 



Dispositivos de saída

Monitores


Permite visualizar o resultado da información procesada,pero,además o ordenador utilízao para mostrar ao usuario as mensaxes e as opcións que lle permitirán a este tomar decisións.


Monitores convencionales(CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte inferior da pantalla,la ilumina, formándose as imaxes.


Pantallas planas de cristal liquido(LCD): estes monitores,evolucionados de pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.

Pantallas planas
TFT: están constituídos por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, co seu color,brillo,tono,etc, e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.

Monitores de plasma: trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma)que, en cada un dos puntos da pantalla,adquiere o color,brillo,etc,necesarios para conformar a imaxe.


Impresoras

 
As impresoras permiten obter a información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia,etc.


Tradicionalmente conectábanse ao ordenador a través dun porto parlelo,pero actualmente é a través dun porto USB,o ben, dunha forma inarámica.


A calidade dunha impresora mídese en ppp(puntos por polgada) ou dpi(dots per inch)


A velocidade mídese en cps(caracteres por segundo) aínda que actualmente é por pmm(páginas por minuto)


En función da súa tecnoloxía clasifícanse en:
 
Impresoras de margarida ou matriciales:xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.


Impresoras térmicas: este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico.


Impresoras láser
: utilizan unha tecnoloxía similar ás das fotocopiadoras. Son bastante mais rápidas e permiten obter resultados de alta calidade.


Impresoras de chorro de tinta:dada a súa boa relación calidade/prezo estas son as utilizadas entre os usuarios de ordenadores persoais. Trátase de impresoras de cor, que obtén a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.

Plotter

Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realizan debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (circulo, curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.

 
Microfilme COM(Computer Output in Microfilme)

As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1,5 cm cadrados, que posteriormente son agrupadas en fichas (cada unha destas fichas contén aproximadamente cen imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.



 




A frecuencia indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo, un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual.


A resolución dun monitor depende do número de puntos(píxeles), que se obtén como produto do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha de ellas(columnas), ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.





A resolución dun monitor indícase empregando a seguinte nomenclatura: 1021 X 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas, neste caso, a imaxe terá 786 432 píxeles.






Por outra parte, para que unha imaxe  se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que de a información de cada píxel. Na táboa seguinte móstranse o número de píxeles para alguns niveis de cor.



Nº de cores                                               Bits necesarios por píxel
2                                                                                    1
4                                                                                    2
16                                                                                  4 
256                                                                                8
65 536                                                                         16
16,7 millones                                                              24
4 295 millones                                                            32

O número de cores é igual a 2 elevado ao número de bits.