video picasa

jueves, 4 de noviembre de 2010

Museo del prado


Ver mapa más grande
Ver mapa más grande


O Museo do Prado, esta situado en Madrid, España, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres europeos dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de Velázquez, Goya (o artista máis extensamente representado na colección),[2] Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores tan importantes como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, por citar só os máis relevantes. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de máis de 7.800 que ten no seu inventario, e que por iso sexa definido como «a maior concentración de obras mestras por metro cadrado». Grazas á recente ampliación de Rafael Moneo, prevese que a selección exposta creza nun 50%, cunhas 450 obras más.

Ao igual que outros grandes museos europeos, como o Louvre de París e os Uffizi de Florencia, o Prado debe a súa orixe á afección coleccionista das dinastías gobernantes ao longo de varios séculos. Reflicte os gustos persoais dos reis españois e a súa rede de alianzas e inimizades políticas, polo que é unha colección asimétrica, insuperable en determinados artistas e estilos, e débil noutros. Só dende o século XX se procura, con resultados desiguais, solucionar as ausencias máis notorias.



clic aqui para ver a paxina oficial: Museo do Prado

Bateas

O cultivo de mexillón é o de maior produción na Acuicultura de España e dos máis importantes en Europa, alcanzando regularmente as 250.000 toneladas anuais. España é o segundo produtor mundial desta especie despois de China (450.000 toneladas anuais).

Esta produción lévase a cabo en balsas flotantes que se denominan bateas. As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecimiento.

Las bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido.

La balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón.

Las bateas mide aproximadamente:

25,66 metros de largo y 19,13 de ancho.




miércoles, 3 de noviembre de 2010

Samain

Os dí­as 30 e 31 de outubro celebrarase a terceira edición da Festa de Samain. Samain é unha festividade de orixe céltico que se celebra por Todos los Santos. Segundo a tradición se exponí­an as cabezas dos inimigos derrotados nas portas das casas para afastar os malos espí­ritus.

Samain:
Samain (Samhain en gaélico) é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orí­genes moi antigos. Hai 3000 anos nos pobos celtas de Europa, entre eles en Galicia (España), Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles se iniciaba co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte.

Os celtas creí­an que nesa noite a ventá que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecí­a e que a ví­spera de Samain - que así­ chamaban a esa data- as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais. Para manter a estes espí­ritus contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban comida ou doces fóra dos seus fogares, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa na casa pedindo doces.

Despois de que os romanos conquistasen os celtas, estes influenciaron o mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pamona; e máis adiante coa chegada do cristianismo. Os cristiáns consideraban que os celtas adoraban o demo, aínda que o demo nunca existiu na relixión céltico. Naquela época determinouse que o xeito de converter os celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos celtas e convertelo nun cristián. Así­ o primeiro de Samain converteuse no dí­a de Todos los Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés.

martes, 2 de noviembre de 2010

pregunta 16

Un exemplo de información distribuída é:

A loita contra o sida; o proxecto fightAIDS@home intenta aproveitar os recursos de miles de ordenadores voluntarios para combatir o sida.
O descubrimento do maior número primo; o proxecto GIMPS (Great Internet Mersenne Prime Search) ten como obxetivo o descubrimento do maior número primo posible; como facilmente pode comprenderse, esta tarefa require, e cada vez mais, o procesamento de miles de ordenadores para encontrar un número primo superior o último obtido


Agrupa a entidades que poden estar interesadas nun mesmo proxecto ou actividade comercial; estas entidades desarrolan plataformas capaces de comparit, de forma segura, todo tipo de recursos: datos,procesamento,almacenamento,etc.

pregunta 15

Utilízase o termo grid para designar unha proposta de traballo baseada na utilización de ordenadores que estiveran conectados entre si a través dunha rede de area local, dunha intranet, ou incluso da propia internet.Preténdese aproveitar o procesamento de todolos ordenadores conectados para crear un superordenador virtual, de modo que poidan realizarse grandes cantidades de procesamento fraccionado da informacion en multitude de porcions, desarroladas polos distintos ordenadores conectados de forma paralela.


Aproveita o alto porcentaxe de procesamento que queda libre na maioría dos microprocesadores dos ordenadores persoais, que doutro modo estaria completamente desaproveitado.