video picasa

miércoles, 2 de marzo de 2011

Dispositivos de comunicación. Redes

Redes locais.

Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede.

Topoloxía dunha rede

Tipos de rede:

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente.

Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.


Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:


Un concentrado ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Un conmutador ou switch: ao igual que o hub, actúa de ponte entre todo os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

Cableado dunha rede local

Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das corrente eléctricas externas pola malla de cobre. Este cableado resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; o seu conector é BNC.

Cableado UTP. Este cableado está constituído por catro pares de fío dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar interferencias eléctricas dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, o seu conector é un RJ-45.

Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as corrente eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; conector ST de fibra óptica.



Redes inarámicas

Nas redes inarámicas, tamén denominadas Wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguense gran liberdade de movementos.
O inconveniente é que a súa velocidade é lenta

Redes externas

Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dade a súa amplitude, considéraselle xa como unha rede global.

Redes privadas virtuais

As redes privadas virtuais, son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada


Conexión a través dunha liña telefónica

Modems. Os modems son dispositivos que permiten enviar e recibir información a través dunha liña telefónica convencional. Como o seu nome indica, a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demoludar o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.

Tarxetas RDSI. Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamas telefónicas.

Modems ADSL. As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío.

A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial da velocidades de transferencia.

Para poder realizar conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.

Router.
Este dispositivo, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.

O router tamén se encarga de que a información que pase por el non se enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios.

Por outra parte, un router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.

Conexión a través de cable

A conexión co cable non se establece directamente entre o usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer de cobertura, é necesario un modem-cable.

Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede.

Conexión vía satélite

A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre.

Esta tecnoloxía está en desuso por unha baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, insularidade, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.

Conexión por ondas radioeléctricas

De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade.
Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de transferencia alta, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permanecer nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión. Por outra parte, esta tecnoloxía permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.

Conexión móbil

GSM. O siste GSM é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado ou
e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala; os enlaces establecidos para a comunicación mantense durante o tempo que dure esta, e non poden ser utilizados simultáneamente para establecer outra comunicación. A velocidade máxima de transmisión de datos que pode alcanzarse con GSM é de 9800 bps.

GPRS. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo qu é posible transmitir voz e datos simultáneamente.

UMTS. O sistema de comunicación UTMS traballa cunha frecuencia alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videoconferencia. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senón por volume de datos transmitidos.


 clic aqui para mais información