Os premiados na edición de este ano 2010 son:
Richard Serra,Foi galardonado co Premio Principe de Asturias pola súa audacia para vertebrar dende a súa perspectiva minimalista os espazos urbanos máis significativos a escala internacional, a través de obras de gran potencia visual que invitan á reflexión e ao asombro. Moi vinculado coa mellor tradición da arte europeo ao longo da súa brillante traxectoria, Serra é un artista polifacético cuxa dimensión universal se expresa en formas contundentes e conceptos suxestivos.
O Xurado quixo premiar un Equipo de Arqueólogos e outros científicos que desvelaron este gran complexo funerario e, especialmente, un traballo que dá a coñecer ao mundo a importancia cultural de China e a súa civilización milenaria, a súa organización social e o seu esplendor artístico. Fixo posible un primeiro achegamento de millóns de persoas en todo o mundo a un capítulo fundamental da historia das civilizacións. Ademais, deixa aberto un camiño extraordinariamente fecundo para múltiples campos do saber.
Alain Touraine, historiador e sociólogo francés, é autor de traballos fundamentais sobre a sociedade post-industrial que permitiron entender e interpretar o sentido profundo das grandes transformacións da nosa época, ofrecendo á vez unha reflexión continua e enriquecedora acerca dos problemas derivados dunha convivencia necesaria por enriba das diferenzas humanas.
Pola súa parte, Zygmunt Bauman, de orixe polaca e nacionalidade británica, sociólogo e profesor universitario en distintos países, estudou a fondo a condición social do home postmoderno nun mundo inestable e de valores perecedoiros. Na súa decisiva análise desta realidade, Bauman acuñou o termo de "modernidade líquida", agudamente desenvolvido na súa obra homónima.
Estes dous representantes da máis brillante tradición intelectual do pensamento europeo crearon, independentemente o un do outro, instrumentos conceptuais singularmente valiosos para entender o cambiante e acelerado mundo no que vivimos.
David Julius é pioneiro na análise molecular dos nociceptores, identificando o TRPV1 como receptor neuronal de estímulos nocivos; Linda Watkins descubriu a participación das células gliais nos mecanismos da dor patolóxica e Baruch Minke caracterizou as canles TRP, base da percepción e sinalización sensorial.
As súas investigacións identifican dianas moleculares ás que dirixir unha nova xeración de medicamentos específicos para o tratamento selectivo de diferentes tipos de dor, especialmente o crónico. Iso abre vías esperanzadoras para paliar un mal que afecta á calidade de vida de millóns de persoas e que foi, dende sempre, un dos grandes retos aos que se enfrontou a medicina.
Cunha linguaxe intensa e suxestiva, Maalouf sitúanos no gran mosaico mediterráneo de linguas, culturas e relixións para construír un espazo simbólico de encontro e entendemento.
Fronte á desesperanza, a resignación ou o victimismo, a súa obra traza unha liña propia cara á tolerancia e a reconciliación, unha ponte que afonda nas raíces comúns dos pobos e as culturas.
O xurado valorou a cooperación e contribución de ambas as dúas institucións na práctica científica e clínica para a realización de transplantes de órganos en todo o mundo, así como a coordinación das actividades de doazón, extracción, preservación, distribución e intercambio de órganos, tecidos, e células no sistema sanitario internacional e español.
O xurado destaca na actividade de The Transplantation Society o seu labor para establecer os principios que guían a práctica clínica, para desenvolver programas avanzados de formación e promover estándares éticos, así como a investigación científica.
Pola súa banda, o xurado recoñece o liderado internacional da Organización Nacional de Transplantes ao ter situado a España á cabeza dos sistemas de transplantes no mundo e impulsado o Rexistro Mundial de Transplantes cuxa sede está en España, con información pública procedente de 98 países.
Por último, o xurado valorou a cooperación internacional entre ambas as dúas institucións no plano ético, para erradicar o tráfico ilegal de órganos no mundo, un drama que afecta a un número crecente e inquietante de seres humanos, con especial incidencia na infancia nos países máis desfavorecidos.
A Seleccion Española de Futbol:
Dende o punto de vista social lograron que todo o país vibrase cos seus triunfos e os fixese seus.
Os xogadores e técnicos deron exemplo de ansias de superación, espírito de equipo, sinxeleza e compromiso cos valores do deporte. Os éxitos futbolísticos lograron nesta ocasión a máxima transcendencia popular, social e deportiva, tanto en España coma fóra dela.
O Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2010 a Mans Unidas que, ao longo do seu medio século de existencia, vén prestando o seu apoio xeneroso e entregado á loita contra a pobreza e en favor da educación para o desenvolvemento en máis de sesenta países e, ademais, pola súa contribución, nos últimos anos, en proxectos específicos cuxa meta é combater a fame e reducir a mortalidade materna no mundo.
Para mas informacion clice aqui: Pemio Principe de Asturias
No hay comentarios:
Publicar un comentario